sábado, 11 de junio de 2011

O Festival Actúa premia aos seus vencedores

“La broma infinita” de David Muñoz ,“(En)terrados” de Álex Lora e “El Acuario” de Carlos Bouvier foron galardoados cos premios ao Mellor Curto Documental , Mellor Curto de Ficción e Premio do Público, respectivamente, no VI Festival Internacional de Curtos Actúa, organizado por Intermón Oxfam.

A actual crise económica que está sumindo na pobreza a millóns de persoas tanto aquí como no resto do mundo, foi o fío condutor desta edición, que levou por título “Crise: vítimas e culpables”. Nesta edición os curtos exhibidos souberon mostrar de xeito maxistral outros ángulos desta crise, apelando, co gran potencial que ten o cine, á reflexión construtiva e á procura de solucións. O xurado, composto nesta edición polo produtor Pedro Uriol, o director de cine Chema da Pena e a actriz e guionista María Reyes Arias, quixo recoñecer o xeito excepcional coa que mostrou David Muñoz a frustración e o desconcerto ante a crise que padecen millóns de persoas en todo o planeta. 

Do mesma xeito, distinguiuse o traballo de Álex Lora “polo seu compromiso e por reflectir unha problemática actual con contundencia e con sensibilidade”. O xurado, ademais, quixo facer unha mención especial ao curto documental Odysseus' Gambit, tamén de Álex Lora, por “ir máis aló das orixes de cada drama persoal. A historia é unha denuncia do actual sistema que non protexe aos máis vulnerables, e é un canto, brillante e emotivo á solidariedade dos cidadáns anónimos”. O festival seguiu fiel ao seu obxectivo de promover a reflexión entre os espectadores e as espectadoras e de facer unha chamada á mobilización. Por este motivo, como en anteriores edicións, concedeuse o Premio do Público, que recaeu no traballo de Carlos Bouvier, froito das votacións dos e as asistentes ás distintas proxeccións e do voto online, que se puido realizar desde calquera parte do mundo a través da web do festival www.intermonoxfam.org/cortosactua. Estes tres realizadores, que recibiron os galardóns da man dos actores e as actrices, Carlos Olalla, Amparo Climent, Carles Francino e Carmen Mangue, únense aos máis de 134, de 14 países, que quixeron facer chegar ao certame a súa particular visión da crise económica. Nesta edición seleccionáronse 10 cintas finalistas -seis de ficción e catro documentais-, que se proxectaron en salas da Coruña, Barcelona, Bilbao, Guadalaxara, Las Palmas de Gran Canaria, Logroño, Pamplona, Sevilla, Toledo, Valencia, Zaragoza e Madrid, desde o 31 de maio ata o 9 de xuño. 

Como nas edicións anteriores, Canon patrocinou o certame e achegou os premios aos gañadores. Esta sexta edición contou, ademais, co financiamento da Unión Europea. Unha solución de financiamento ao desenvolvemento: unha taxa xusta e enlaza coa campaña “Obxectivo Robin Hood: que non paguen os de sempre” (www.quenopaguenlosdesiempre.org), que insta á cidadanía e ao Goberno a porse ao lado das vítimas e non dos culpables. 

lunes, 6 de junio de 2011

Mira a realidade económica e ACTÚA este 8 e 9 de xuño

Os días 8 e 9 de xuño proxéctanse de balde os 10 curtos finalistas da sexta edición do Festival Actúa na Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia (Cantón grande 21-24). O fío conductor é a actual crise económica que está sumindo na pobreza a millóns de persoas tanto en España como no resto do mundo. "Crise: vítimas e culpables” reúne a realizadores de 14 países e 137 curtos, dos cales seleccionáronse 10 traballos finalistas (seis de ficción e catro documentais)que se proxectan por toda España ata 10 de xuño (Barcelona, Bilbao, Guadalaxara, Las Palmas de Gran Canaria, Madrid, Sevilla, Toledo, Valencia e Zaragoza). Seguirase concedendo o Premio do Público, resultado das votacións dos asistentes ás proxeccións e do voto online, que se poderá realizar desde calquera parte do mundo a través da web do festival www.intermonoxfam.org/cortosactua amais de ver o programa deste mércores e xoves.
 
Os espectadores e espectadoras tamén poderán ACTUAR asinando en apoio á Taxa Robin Hood para que non paguen os de sempre, eses máis de 1.000 millóns de persoas que están sumidos na pobreza tanto aquí como no resto do mundo. A resposta máis intelixente á crise é a protección dos que máis a están sufrindo.e por iso se insta á cidadanía e ao Goberno a porse ao lado das vítimas e non dos culpables (www.quenopaguenlosdesiempre.org). 

Hai que recordar que en só nuns meses, os países máis ricos destinaron 18 billóns de dólares en salvar aos seus bancos, cifra 120 veces maior que a que os países deberían achegar anualmente para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Tendo en conta que o 80% das transaccións financeiras internacionais son esencialmente especulativas, desde Intermón Oxfam pídese a implantación dun imposto a este tipo de transaccións de tan só un 0,05%, o que permitiría recadar máis de 300.000 millóns de euros anuais.

Para votar os curtos:
www.intermonoxfam.org/cortosactua.
Facebook de entidades e amigos da Taxa Robin Hood: www.facebook.com/tasarobinhood.

martes, 31 de mayo de 2011

A fame esténdese a causa dun sistema alimentario errado e dos efectos do cambio climático

Un sistema alimentario mundial en crise e os efectos do cambio climático están botando por terra décadas de avance na loita contra o fame, segundo o informe que Intermón Oxfam fixo público. India e Guatemala son exemplos de países ricos en recursos e con índices de desnutrición alarmantes. A escalada do prezo dos alimentos e as crises alimentarias que se suceden arrastrarán á fame a millóns de persoas a non ser que transformemos a producción e o reparto dos alimentos.

O informe "Cultivar un futuro mellor" sinala que crece a poboación que sofre fame, baixa o rendemento das colleitas, lóitase pola terra fértil e a auga e, nos próximos anos, seguirá a alza dos prezos dos alimentos. Entramos nun esgotamento dos recursos naturais da terra onde os impactos do cambio climático crecen en número e en intensidade: o prezo dos alimentos básicos como o millo, xa hoxe no seu punto máis alto, aumentará máis do dobre nos próximos 20 anos (a metade deste aumento deberase ao cambio climático). A taxa de crecemento media no rendemento das colleitas reduciuse a case a metade desde 1990 e está previsto que se reduza a menos do un por cento na próxima década. Teñamos en conta que:
  •  Os máis afectados serán as persoas máis pobres do planeta, que gastan ata o 80% dos seus ingresos en comida.
  •  Oito millóns de persoas, a gran maioría mulleres e nenos, enfróntanse á escaseza crónica de alimentos no Leste de África. 
  • O aumento das crises rexionais e locais podería significar que as peticións de axuda alimentaria nos próximos 10 anos multiplicásense por dous.
  • Cara ao ano 2050 a demanda de alimentos incrementarase nun 70%, e con todo a capacidade para incrementar a produción de alimentos está en descenso. 

(C) PabloTosco/Intermón Oxfam

CRECE, a campaña de Oxfam, quere pór ao descuberto aqueles gobernos cuxas políticas equivocadas están sostendo este sistema alimentario roto e tamén porá ao descuberto a entre 300 e 500 compañías que se benefician da situación e fan presión política para manter o status quo. Por exemplo: catro compañías controlan a comercialización da maioría dos alimentos no mundo. Tres delas -Archer Daniels Midland, Bunge e Cargill- controlan aproximadamente o 90 % do comercio mundial. As súas actividades contribúen á volatilidade dos prezos dos alimentos e iso benefíciaos. Durante o primeiro trimestre do 2008, no apoxeo dunha crise global de prezos de alimentos, as ganancias de Cargill aumentaron nun 86 por cento e a compañía vai agora camiño de conseguir o seu ano máis rendible en base ás futuras interrupcións na subministración mundial de alimentos.

En Guatemala, un de cada dous nenos menores de cinco anos sofre desnutrición crónica (cifra que se eleva ao 70% entre os nenos e nenas indíxenas) mentres o 80% da terra produtiva está en mans do 8% -unha elite minúscula que se enriquece con cultivos para a exportación.
India, a pesar de duplicar o tamaño da súa economía entre 1990 e 2005, incrementou o número de xente famenta ata 65 millóns (máis da poboación de Francia) porque o seu desenvolvemento excluíu a pobreza rural e os esquemas de protección social fallaron. Hoxe, unha de cada catro persoas famentas do mundo vive na India.
As políticas de biocombustibles de Estados Unidos fixeron que case o 40 % da súa produción de millo en 2010 fóra a parar a motores sen ter en conta que o gran necesario para encher con biocombustibles o tanque de gasolina dun todoterreo é suficiente para alimentar unha persoa durante un ano.
Oxfam está facendo un chamamento aos gobernos, especialmente ao G20, para liderar a transformación cara a un sistema alimentario máis xusto e máis sostible:
- Teñen que invertir en agricultura, valorar os recursos naturais do mundo e xestionar mellor o sistema alimentario. 
- Deben garantir ademais que as mulleres, que producen a maioría dos alimentos do mundo, teñan os mesmos dereitos sobre a terra, os mesmos recursos e as mesmas oportunidades que os homes. 
- É necesario que o sector privado cambie o modelo de negocios cara un onde as ganancias non se consigan a expensas dos produtores pobres, dos consumidores e do medio ambiente. 
- Os gobernos deben regular os mercados das materias primas e deben reformar as políticas defectuosas de biocombustibles para manter o prezo dos alimentos baixo control.

CRECE, a campaña de Oxfam, conta co apoio de personalidades como o ex presidente Lula de Brasil, o arcebispo emérito Desmond Tutu e a actriz Scarlett Johansson.

jueves, 26 de mayo de 2011

O Sur de Sudán enfróntase ao ano máis violento desde o final da guerra civil en 2005

Intermón Oxfam instou ao Consello de Seguridade de Nacións Unida a que garanta a protección dos civís. Miles de persoas fuxiron dos combates na rexión de Abyei nos últimos días e o Consello debe garantir que o novo mandato para a misión de mantemento da paz no sur de Sudán - actualmente a debate- teña como prioridade a protección. No pasado, tiveron dificultades para cumprir a súa función.

Máis de 1.400 persoas morreron no sur de Sudán no que vai do ano, máis que en todo 2010, e 117.000 fuxiron dos seus fogares como resultado da violencia crecente dos últimos meses. A violencia entre comunidades que se dá ano tras ano -a miúdo é provocada pola loita por recursos como gando, terras e auga- obrigou a decenas de miles de persoas a deixar os seus fogares. Ademais, os civís tamén se viron atrapados nos enfrontamentos entre grupos rebeldes e o exército do sur de Sudán, particularmente nos estados de Unity e Jonglei.

A só seis semanas do nacemento do novo país, a situación é moi complicada en termos de seguridade. A protección dos civís será un dos retos máis grandes e crucial do novo estado e Nacións Unidas ten un papel vital que desempeñar, pois a misión de paz da ONU en ocasións non puido protexer da violencia ás persoas no sur de Sudán. O Consello de Seguridade de Nacións Unidas ten agora a oportunidade de asegurar ese dereito da poboación civil.

Unha misión de paz da ONU non pode ser nunca unha solución a longo prazo, e en última instancia, o goberno de sur de Sudán é responsable de protexer aos seus propios cidadáns. A situación require que as Nacións Unidas apoien ao novo estado e tamén proporcionen protección aos civís se o Goberno é incapaz de facelo. Deben facer patrullas máis longas e de maior alcance, así como estreitar a relación e as consultas coas comunidades en risco en cuestións relacionadas coas violacións dos dereitos humanos e en áreas que poidan verse afectadas polo conflito.

A inseguridade limitou o acceso das axencias de axuda humanitaria, mentres que as familias desprazadas pola violencia perderon as súas casas, os ingresos e o acceso aos servizos sociais básicos. Doutra banda, os ataques do LRA (Exército de Resistencia do Señor) tiveron un impacto devastador sobre a produción agrícola nalgunhas das zonas máis fértiles do sur de Sudán, xa que os agricultores deixaron de ir aos seus campos por medo a posibles ataques. 40.000 persoas foron desprazadas o ano pasado debido ao LRA.


Se queres facer un donativo para esta urxencia pode facelo a través de http://www.intermonoxfam.org/, chamando ao 902 330 331 e nas seguintes contas bancarias:


BBVA 0182-6035-49-0201505818
BSCH 0049-1806-94-2912028985
Caixa Catalunya 2013-0500-14-0213837947
Caixa Madrid 2038-8978-13-6000233625
Caixa Murcia 2043-0105-40-0200516677
CAN 2054-0300-51-9157609596
A Caixa 2100-0765-86-0200201027
Triodos Bank 1491-0001-23-0010006164

domingo, 15 de mayo de 2011


El 14 de mayo se celebró el Día Internacional del Comercio Justo. En todo el mundo, más de 800 ciudades promueven diversas actividades para divulgar el comercio justo entre los consumidores. En A Coruña, Intermón Oxfam se sumó a A Cova da Terra, Amigos da Terra, Panxea, Taller de Solidaridad, e Solidaridade Internacional de Galicia en esta celebración que tuvo lugar en la Plaza de Lugo.

Hubo puestos de información y venta de productos de comercio justo, lectura del manifiesto, degustaciones y recetas, música, talleres para niños, animación en la calle... y la exposición Las mujeres alimentan el mundo, con el objetivo de sensibilizar en torno al comercio justo, el consumo responsable, la igualdad de género y la soberanía alimentaria.

El mensaje "Es justo lo que necesitamos" fue el lema de este año para promover el comercio justo y la manera de consumir en términos de sostenibilidad y justicia social; también destaca que en nuestras tiendas se encuentra lo que necesitas e incide en el consumo responsable como acto justo.

En 1994, Intermón Oxfam comenzó a impulsar el comercio justo apoyando a comunidades desfavorecidas a través de la venta de sus productos. El comercio justo es un sistema comercial cuyo principal objetivo es garantizar que los grupos productores marginados de los países empobrecidos tengan un acceso directo a los mercados de los países más desarrollados, para que consigan una retribución digna por su trabajo. Esta práctica lucha por unas condiciones laborales igualitarias, promoviendo especialmente el desarrollo de mujeres e indígenas, y el respeto por el medio ambiente.

domingo, 10 de abril de 2011

O Día da Esperanza xa está aquí con moitas sorpresas

Que si, que estamos preparados agardándote nos Xardíns de Méndez Núñez. Levamos aquí dende moito antes das 11 da mañá para que esta 17ª edición da Festa da Solidariedade estea a punto. ¿Que non sabes o que temos preparado?
Mira, mira o que nos queda ata as 20.30 h...

 Ás 11 h temos a inauguración, que da paso a xogos, talleres e exposicións, xogos infantís, contacontos, mostras de libros e produtos de comercio xusto... durante tooooda a xornada.

Ás 12 h actúa o Mago Joshua, que fará todo o preciso para que sexa un día máxico.

Ás 13 h faremos o noso Flashmob lúdico-reivindicativo no que queremos a máis e máis xente (á esquerda podes ver un mini ensaio...) e media hora despois leremos o manifesto.



Tamén podedes ver exemplos de cómo gañar a batalla á pobreza ou ao fame en Tanzania co fomento do comercio xusto e o apoio ás poboacións máis desfavorecidas.

Queda moita xornada para participar nas actividades dirixidas a apoiar ás poboacións máis desfavorecidas na súa loita por saír da pobreza así como noutras actividades lúdicas como ). Os fondos recadados irán dirixidos a proxectos de Intermón Oxfam.


E para as 19 h, cando mellor se está fóra, gardamos a actuación do grupo Los Guacamola.  
Agardamos por ti!!

Máis información en:


viernes, 8 de abril de 2011

Este domingo 10 de abril únete ao Día para a Esperanza

Intermón Oxfam celebra a 17ª edición de “Un Día para a Esperanza” este 10 de abril nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña

Este ano instamos á cidadanía e ao Goberno a impulsar unha saída da crise que non penalice aos que menos teñen, con vías alternativas de financiamento do desenvolvemento e do gasto social como a taxa Robin Hood.

Vide a celebrar que é posible construír entre todos un mundo máis xusto para “Que non paguen os de sempre”. Nesta edición teremos un flashmob lúdico-reivindicativo que levará por título Ata o gorro de inxustizas; será ás 13.00 h con Robin Hood e todos os presentes que queiran apuntarse. Ademais, ás 19.00 horas está prevista a actuación do grupo Os Guacamola. 


PROGRAMA DA 17ª FESTA DA SOLIDARIEDADE  2011


Domingo, 10 DE ABRIL DE 2011
De 11.00 a 20.30 horas


ACTUACIÓNS:

Xogos, talleres e outras actividades durante toda a xornada 

11:00  Inauguración
12:00  Actuación do Mago Joshua
13:00  Flashmob lúdico - reivindicativo
13.30  Lectura manifesto
19:00  Actuación do grupo Los Guacamola



Máis información en: