jueves, 30 de diciembre de 2010

Para que non paguen os de sempre... corre!

Como xa sabedes, mañá día 31 de decembro terá lugar a San Silvestre da Coruña, e finalmente a organización colabora con nós para que os corredores que o desexedes poidades mostrar o voso apoio á nosa campaña Robin Hood! :)

Na carreira veredes un stand noso, e alí será onde poidades recoller o gorro de Robin Hood. Si recolledes tamén o dorsal, previamente, darásevos máis información sobre esta campaña que propón a creación dunha taxa internacional sobre transaccións financeiras.

Noutras cidades, Robin Hood xa estivo presente nas carreiras. A idea é que contribuamos a crear esta voz universal para que os políticos nos metan nas súas axendas.

 
Animádevos! e acompañádenos correndo co gorriño de Robin Hood. Para que non paguen os de sempre!

Data: venres, 31 de decembro de 2010.
Hora: 17:00 h.
Lugar: saída da Praza de María Pita, A Coruña.
Distancia: 7.700 m aproximadamente.
Organiza: Clube Deportivo Rialto Coruña e Concello da Coruña.

lunes, 20 de diciembre de 2010

San Silvestre na Coruña... anímaste?

Si che gusta o deporte e eres amante das San Silvestre, hai algo que che interesa saber :) Na carreira que se celebrará en Coruña o día 31 de decembro, poderás correr co gorriño de Robin Hood e un contradorsal, e así axudarasnos a difundir a campaña "Que non paguen os de sempre". Anímate e ponte en contacto con nós no teléfono 981 213 363 si estás interesad@!

Día Internacional do Voluntariado

O pasado sábado día 11 de decembro, celebramos nos xardíns de Méndez Núñez o Día do Voluntariado. Dende as 12 da mañá ata as 8 da tarde, quen se achegou alí puido disfrutar das actividades que tiñamos preparadas para conmemorar esa data tan especial.

O evento estivo organizado pola Plataforma Coruñesa do Voluntariado, e nel actuou a banda municipal, ademais do grupo de cantareiras Donaire e o grupo senegalés Galu Teranga. Ademais, houbo degustación de chocolate e doutros produtos de Comercio Xusto, contacontos, concurso de debuxo e caracterización infantil.

Como xa sabedes, aqueles que teñades interese en colaborar como voluntarios só tedes que poñervos en contacto con nós no teléfono 981 213 363 ou envíanos un e-mail a coruna@intermonoxfam.org. Tamén podes consultar as ofertas para Galicia, Asturias e León.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Imagina que, mientras cenas con tus amig@s, previenes la malaria en Sudán :)

¿A que no sabías que mientras estás de cena navideña con tus amig@s, celebrando una reunión familiar, o  organizando una fiesta de fin de año, puedes al mismo tiempo prevenir la malaria en Sudán, dotar de material escolar a niñ@s de Mozambique o rehabilitar el punto de agua potable que abastecerá a 400 refugiados en Chad?

Interesante... ¿verdad? :) Lo único que tienes que hacer es echar un ojo la iniciativa Imagina, Crea... Suma y hacer exactamente eso: imaginar tu iniciativa solidaria, crearla, y sumarte a todos los que ya están organizando la suya para estas fechas en las que reuniones, fiestas, comidas y cenas se convierten casi en una rutina.

Lo único que tienes que hacer es organizar tu fiesta, cena o cualquier otra cosa (puedes coger ideas de nuestras Propuestas de la A a la Z, o de algunas ya realizadas, ya verás como hay algo que se adapte a tus planes navideños) y enviar un email contándonos tu idea a info@IntermonOxfam.org. Te ofreceremos consejos y herramientas para difundirla si es necesario, y te diremos cómo ingresar el dinero que consigas.

Y ahora viene lo divertido: ¿cómo conseguirás ese dinero? Puedes subastar entre los invitados adornos que no quepan en tu salón, venderles pastelitos que hayas hecho esa misma tarde, cobrar una entrada simbólica, o pasar "la hucha", ¡hay mil maneras! Te animas, ¿verdad?  Pues échale un ojo a la Guía de la iniciativa... ¡y ya nos contarás! :)

lunes, 29 de noviembre de 2010

O coruñés Pablo Amor, en Calidoscopio

Pablo Amor (con gafas na foto) foi un dos once rapaces e rapazas españois que participaron, seleccionados por Intermón Oxfam, no encontro Calidoscopio: unha actividade que se enmarca no programa Red de Jóvenes de Oxfam (OIYP en inglés), e se celebrou dende o pasado día 21 de novembro ata hoxe, día 29, en India. 

Para que entendades un pouco mellor de que trata Calidoscopio, explicarémosvos que é un encontro de rapaces e rapazas que supón o arranque dun proxecto común de tres anos para uns 300 xoves activistas. A asturiana Candela Guerrero participará no programa completo, os tres anos, mentres que o resto de seleccionados españois formarán parte da organización deste encontro de oito días, e compartirán experiencias con outros activistas de todo o mundo.

A selección destes rapaces e rapazas realizouse mediante un concurso na web Dale la Vuelta al Mundo, e aparte de Pablo, catro proceden de Madrid, tres son de Cataluña, outro de Málaga, unha de Salamanca e outra de Asturias. Todos eles actualizaron estes días un blog e un grupo en Facebook, dando a coñecer a súa experiencia alí. Obradoiros, debates e visitas que tiñan por obxectivo sacar á luz ideas que permitan crear un futuro positivo nas comunidades de orixe. Tanto Pablo, como o resto de españoles que estiveron en India, coñeceron ademais os proxectos de Oxfam en Nova Delhi. Estes días, poderedes ler e escoitar entrevistas nos medios a Pablo e aos demais participantes, xa que en breve estarán de volta contándonos como lles foi :)

Algo máis sobre a OIYP
A OIYP é unha rede global de xente nova procedente de 98 países que comparten a visión dun mundo xusto e están comprometidos a traballar por un cambio social pacífico, equitativo e sostible dentro das súas comunidades. Durante os oito días que durou o encontro Kaleidoscope, os participantes conviviron, aprenderon e traballaron xuntos para fortalecer as relacións, compartir valores e profundizar na conprensión mutua por riba das fronteiras económicas, culturais, temáticas e xeográficas. 

viernes, 26 de noviembre de 2010

Feliz 10 aniversario! :)


Hoxe, a tenda de Intermón Oxfam na Coruña cumpre 10 anos. Achégate e celébrao con nós degustando produtos de Comercio Xusto e participando no sorteo dunha cesta de Nadal!

Tamén poderás informarte alí do que facemos en Intermón Oxfam, e das diferentes formas de colaboración. Agardámoste!

LUGAR: R/ Estrecha de San Andrés, 12 (A Coruña)

martes, 23 de noviembre de 2010

Sé orixinal... cásate con IO!

Fai un par de findes, voluntari@s de Intermón Oxfam participamos na ExpoBE&C, o salón de bodas que se organiza dende hai 5 anos na Coruña.

Moitas parellas que están facendo os preparativos para a súa boda pasaron polo noso stand, e puideron ver a alternativa orixinal e solidaria que ofrecemos ao tradicional detalle de boda... Trátase de "Algo máis que un regalo", especial para noivos! :)

Cada vez máis parellas se animan a facer este tipo de regalos simbólicos aos seres queridos: unha cabra, unha galiña ou tres porquiños, e os cartos deste regalo repercuten directamente nos países do sur máis desfavorecidas coas que traballa Intermón Oxfam.

Os noivos ou noivas poden elexir entre 26 diferentes regalos, e compartir cos invitados os beneficios do donativo por medio dunha tarxeta personalizable. En Coruña, esta opción solidaria tivo unha moi boa acollida: as parellas viron en "Algo máis que un regalo" unha das opcións máis orixinais e útiles para a xente á que beneficia.

Lembra que non só si te casas tes a opción de facer un regalo solidario aos teus convidados: tamén valen para comunións, bautizos, cumples ou calquera outra celebración ;)

lunes, 22 de noviembre de 2010

III Feira de Asociacións da UDC

O pasado 17 de novembro, estivemos na III Feira de Asociacións que se celebrou na facultade de Socioloxía do campus de Elviña en A Coruña. Alí, explicamos aos estudiantes que é o que fai IO, centrándonos na campaña "Robin Hood: que non paguen os de sempre".

Podedes ver algunha foto máis da actividade no álbum do perfil de Facebook de Intermón Oxfam A Coruña.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Venres e sábado de Comercio Xusto en Alcampo (A Coruña)

Os pasados 12 e 13 de novembro, Intermón Oxfam estivo no Alcampo da Coruña dentro dos Quince Días de Comercio Xusto que se desenvolven en todo o país, dando a coñecer referencias elaboradas polos pequenos produtores dos países en vías de desenvolvemento.

En Coruña, Margot estivo explicando aos clientes que se atopaban no Alcampo da Coruña en que consiste o Comercio Xusto e que beneficios comporta para os países do Sur. Algúns dos produtos que se poden adquirir en Alcampo son o café moído natural, cacao instantáneo, crema de cacao, turróns, etc., un total dunhas 30 que durante todo o ano se poden atopar nos hipermercados Alcampo, pero aos que se lles dá maior impulso e difusión nestes 15 días.

jueves, 11 de noviembre de 2010

Benvidos ao blog de Intermón Oxfam A Coruña!

Este blog creámolo dende o equipo da sede de A Coruña de Intermón Oxfam, co obxectivo de achegar un pouco máis a todos vos a actividade que desenvolvemos aquí. 
Publicaremos os obxectivos que temos, contarémosvos os nosos plans, e pediremos desde aquí a vosa axuda para conseguilos.
Estamos convencidos de que entre todos podemos cambiar o mundo, e actuamos para convertilo nun lugar máis xusto, máis solidario, e en paz.