lunes, 29 de noviembre de 2010

O coruñés Pablo Amor, en Calidoscopio

Pablo Amor (con gafas na foto) foi un dos once rapaces e rapazas españois que participaron, seleccionados por Intermón Oxfam, no encontro Calidoscopio: unha actividade que se enmarca no programa Red de Jóvenes de Oxfam (OIYP en inglés), e se celebrou dende o pasado día 21 de novembro ata hoxe, día 29, en India. 

Para que entendades un pouco mellor de que trata Calidoscopio, explicarémosvos que é un encontro de rapaces e rapazas que supón o arranque dun proxecto común de tres anos para uns 300 xoves activistas. A asturiana Candela Guerrero participará no programa completo, os tres anos, mentres que o resto de seleccionados españois formarán parte da organización deste encontro de oito días, e compartirán experiencias con outros activistas de todo o mundo.

A selección destes rapaces e rapazas realizouse mediante un concurso na web Dale la Vuelta al Mundo, e aparte de Pablo, catro proceden de Madrid, tres son de Cataluña, outro de Málaga, unha de Salamanca e outra de Asturias. Todos eles actualizaron estes días un blog e un grupo en Facebook, dando a coñecer a súa experiencia alí. Obradoiros, debates e visitas que tiñan por obxectivo sacar á luz ideas que permitan crear un futuro positivo nas comunidades de orixe. Tanto Pablo, como o resto de españoles que estiveron en India, coñeceron ademais os proxectos de Oxfam en Nova Delhi. Estes días, poderedes ler e escoitar entrevistas nos medios a Pablo e aos demais participantes, xa que en breve estarán de volta contándonos como lles foi :)

Algo máis sobre a OIYP
A OIYP é unha rede global de xente nova procedente de 98 países que comparten a visión dun mundo xusto e están comprometidos a traballar por un cambio social pacífico, equitativo e sostible dentro das súas comunidades. Durante os oito días que durou o encontro Kaleidoscope, os participantes conviviron, aprenderon e traballaron xuntos para fortalecer as relacións, compartir valores e profundizar na conprensión mutua por riba das fronteiras económicas, culturais, temáticas e xeográficas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario