Mostrando entradas con la etiqueta regalo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta regalo. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de enero de 2012

Chegan as rebaixas... tamén ao Comercio Xusto

Primeiro, o máis importante: FELIZ 2012 A TODOS! Dende o equipo de Intermón Oxfam da Coruña desexámosvos un ano cheo de cousas boas e de solidariedade! :)

En segundo lugar, queremos comunicarvos que as rebaixas tamén chegaron ás 38 tendas de Comercio Xusto de Intermón Oxfam, e como non, tamén á de San Andrés. 

Alí poderedes atopar moitos productos rebaixados do 20 ao 50%, como xogos, marcos de fotos ou panos de varias cores e estilos. Todos eles, por suposto, realizados dun xeito respectuoso co medio ambiente e fabricados a man por familias artesás para as que o Comercio Xusto significa un medio de vida sostible.

As tendas de Comercio Xusto teñen ademais un valor engadido, xa que non son unicamente tendas onde mercar cousas: son tamén lugares de encontro onde coñecer outras culturas, reflexionar sobre os límites do sistema de consumo actual e practicar un consumo responsable. 

O Comercio Xusto é unha maneira diferente de producir, de intercambiar e consumir que considera os dereitos das persoas e o respecto ao medio ambiente antes que os beneficios económicos. Baséase na confianza, na transparencia e na relación directa entre familias productoras de África, América Latina e Asia e familias consumidoras nos países desenvolvidos, permitindo que dende os mesmos se coñeza mellor a realidade dos países do Sur. O Comercio Xusto é unha ponte real entre pobos.

Así pois, agardámosvos en San Andrés :)

martes, 23 de noviembre de 2010

Sé orixinal... cásate con IO!

Fai un par de findes, voluntari@s de Intermón Oxfam participamos na ExpoBE&C, o salón de bodas que se organiza dende hai 5 anos na Coruña.

Moitas parellas que están facendo os preparativos para a súa boda pasaron polo noso stand, e puideron ver a alternativa orixinal e solidaria que ofrecemos ao tradicional detalle de boda... Trátase de "Algo máis que un regalo", especial para noivos! :)

Cada vez máis parellas se animan a facer este tipo de regalos simbólicos aos seres queridos: unha cabra, unha galiña ou tres porquiños, e os cartos deste regalo repercuten directamente nos países do sur máis desfavorecidas coas que traballa Intermón Oxfam.

Os noivos ou noivas poden elexir entre 26 diferentes regalos, e compartir cos invitados os beneficios do donativo por medio dunha tarxeta personalizable. En Coruña, esta opción solidaria tivo unha moi boa acollida: as parellas viron en "Algo máis que un regalo" unha das opcións máis orixinais e útiles para a xente á que beneficia.

Lembra que non só si te casas tes a opción de facer un regalo solidario aos teus convidados: tamén valen para comunións, bautizos, cumples ou calquera outra celebración ;)