viernes, 22 de junio de 2012

Sardiñas solidarias por San Xoán!



Ola a todos! Neste tempo que levamos sin publicar, estivemos ocupadísimos :) Hai xusto un mes estabamos no concerto de Coldplay en Porto, onde explicamos aos asistentes en que consiste a nosa campaña CRECE. 
Ademais, estivemos preparando a actividade que celebramos dende hai 4 anos por estas datas: a Sardiñada Solidaria de San Xoán, que celebraremos o día 23 no Campo de Marte e á que estades todos convidados. 

Nesta ocasión, os fondos recadados destinaranse á emerxencia no Sahel (África Occidental-Central), onde máis de 15 millóns de persoas, entre elas máis dun millón de nenos e nenas, están en risco de sufrir unha grave crisis alimentaria. Alí, dáse unha combinación de factores que resulta letal para a poboación, entre os que están os conflitos rexionais, os altísimos prezos dos alimentos, a sequía, a pobreza arraigada e a ausencia de investimento en infraestruturas e servizos sociais.

Dende Oxfam, faise un chamamento de emerxencia para axudar a aos habitantes das poboacións máis vulnerables do Sahel. Si non actuamos de xeito rápido, irremisiblemente atoparemonos cunha catástrofe humanitaria.
En Oxfam, traballamos na rexión do Sahel dende hai décadas co obxectivo de buscar solucións sostibles para abordar as profundas causas das crises. O que facemos alí é apoiar ás comunidades para que sexan capaces de facer fronte á vulnerabilidade crónica da zona, a través de programas de prevención e desenvolvemento. No contexto actual, o obxectivo é subministrar servizos básicos como auga, saneamento e hixiene e comida a un total de 1,2 millóns de persoas.
Foto dunha das Sardiñadas Solidarias de IO
E ti tamén podes axudar :) 
Ven o sábado ás 8 da tarde ao Campo de Marte e participa con nós na Sardiñada Solidaria. Alí daremos a coñecer esta situación na que viven millóns de persoas, e informaremos ao público das actuacións que desenvolvemos nós para intentar reducir o periodo de escaseza de comida no lugar.
Os fondos, como vos contamos, serán destinados a seguir apoiando os proxectos que impulsamos na zona. O ano pasado fomos 2.500, este ano temos que superarnos! E para iso contamos contigo e cos teus amigos :)
Alí nos vemos!

LUGAR: Campo de Marte, A Coruña
HORA: 20:00 horas
PREZOS: Empanada e bebida a 3 euros, ración de sardiñas, pan e bebida a 5 euros.
DESTINO DA RECADACIÓN: a emerxencia no Sahel.

jueves, 3 de mayo de 2012

Zona IO en Espacio Coruña! :)

Si pasástedes ultimamente polo Espacio Coruña, ao mellor vos fixastedes nunha zona que este centro comercial nos cedeu para mostrar os productos de comercio xusto e información sobre as nosas actividades. As nosas compañeiras Margot e Sonia son as responsables de que quedase tan bonito :)






martes, 6 de marzo de 2012

Vikas Kumar, trabajando por los derechos humanos

El mes pasado, Vikas Kumar vino a la sede de A Coruña a hablarnos del trabajo que realiza como miembro de la cooperativa de Comercio Justo Tara Projects Association, en India. Sus palabras nos resultaron muy interesantes y ninguno de nosotros quedó indiferente a ellas... ni tampoco a las imágenes que nos mostró: en este país, hay niños de entre 12 y 16 años trabajando en condiciones infrahumanas, en lugares oscuros en los que también comen y hacen sus necesidades, sin ventilación y sin luz, durante muchas horas al día y por un salario ínfimo, y todo ello para que en el "primer mundo" podamos comprar productos sospechosamente baratos, sin mirar muchas veces de dónde proceden ni qué manos los han elaborado.
Pero Vikas nos abrió una puerta a la esperanza. Desde Tara, luchan por lograr unas condiciones de trabajo dignas, respetando los derechos humanos y, por supuesto, la infancia. Tara es una de las cooperativas de comercio justo más antiguas de la India y en ella se agrupan alrededor de mil artesanos, a los que esta cooperativa no solo ofrece empleo, sino también seguro médico, educación para los niños, salarios dignos y, en el caso de las mujeres, la posibilidad de ser respetadas y de tener un trabajo. Algunas de las piezas de bisutería o los adornos de madera y cristal que producen podemos encontrarlos en las tiendas de Intermón Oxfam (¡en la de Coruña también!). 
Os dejamos aquí una foto del encuentro con Vikas.



viernes, 13 de enero de 2012

Chegan as rebaixas... tamén ao Comercio Xusto

Primeiro, o máis importante: FELIZ 2012 A TODOS! Dende o equipo de Intermón Oxfam da Coruña desexámosvos un ano cheo de cousas boas e de solidariedade! :)

En segundo lugar, queremos comunicarvos que as rebaixas tamén chegaron ás 38 tendas de Comercio Xusto de Intermón Oxfam, e como non, tamén á de San Andrés. 

Alí poderedes atopar moitos productos rebaixados do 20 ao 50%, como xogos, marcos de fotos ou panos de varias cores e estilos. Todos eles, por suposto, realizados dun xeito respectuoso co medio ambiente e fabricados a man por familias artesás para as que o Comercio Xusto significa un medio de vida sostible.

As tendas de Comercio Xusto teñen ademais un valor engadido, xa que non son unicamente tendas onde mercar cousas: son tamén lugares de encontro onde coñecer outras culturas, reflexionar sobre os límites do sistema de consumo actual e practicar un consumo responsable. 

O Comercio Xusto é unha maneira diferente de producir, de intercambiar e consumir que considera os dereitos das persoas e o respecto ao medio ambiente antes que os beneficios económicos. Baséase na confianza, na transparencia e na relación directa entre familias productoras de África, América Latina e Asia e familias consumidoras nos países desenvolvidos, permitindo que dende os mesmos se coñeza mellor a realidade dos países do Sur. O Comercio Xusto é unha ponte real entre pobos.

Así pois, agardámosvos en San Andrés :)