Mostrando entradas con la etiqueta san_silvestre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta san_silvestre. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de enero de 2011

Robin Hood por un día

Despois do respiriño que nos tomamos durante as festas, voltamos para contarvos as novidades que trae o 2011. Pero primeiro, queremos compartir con vos o éxito que tivo a campaña Robin Hood na San Silvestre do día 31 de decembro do ano pasado :)

Nos días previos á carreira, e coa colaboración do Club Rialto e o concello de A Coruña, puidemos falar con máis de 200 persoas que ían participar na San Silvestre. Proporcionámoslles información sobre a campaña, e animámolos a que correran co gorriño e contradorsal de Robin Hood. O día da carreira repartimos un total de 230 gorros! E moitos dos corredores chegaron á meta con el posto. 

Foi unha moi boa maneira de difundila mensaxe da campaña e lembrar a todos que hai outros xeitos de loitar contra a crise, evitando agravar a situación das persoas que peor o están pasando.

Deixámosvos un par de fotos da carreira :) Pero podedes ver máis no noso Facebook! Moitas grazas a todos! 

jueves, 30 de diciembre de 2010

Para que non paguen os de sempre... corre!

Como xa sabedes, mañá día 31 de decembro terá lugar a San Silvestre da Coruña, e finalmente a organización colabora con nós para que os corredores que o desexedes poidades mostrar o voso apoio á nosa campaña Robin Hood! :)

Na carreira veredes un stand noso, e alí será onde poidades recoller o gorro de Robin Hood. Si recolledes tamén o dorsal, previamente, darásevos máis información sobre esta campaña que propón a creación dunha taxa internacional sobre transaccións financeiras.

Noutras cidades, Robin Hood xa estivo presente nas carreiras. A idea é que contribuamos a crear esta voz universal para que os políticos nos metan nas súas axendas.

 
Animádevos! e acompañádenos correndo co gorriño de Robin Hood. Para que non paguen os de sempre!

Data: venres, 31 de decembro de 2010.
Hora: 17:00 h.
Lugar: saída da Praza de María Pita, A Coruña.
Distancia: 7.700 m aproximadamente.
Organiza: Clube Deportivo Rialto Coruña e Concello da Coruña.