Despois do respiriño que nos tomamos durante as festas, voltamos para contarvos as novidades que trae o 2011. Pero primeiro, queremos compartir con vos o éxito que tivo a campaña Robin Hood na San Silvestre do día 31 de decembro do ano pasado :)

Foi unha moi boa maneira de difundila mensaxe da campaña e lembrar a todos que hai outros xeitos de loitar contra a crise, evitando agravar a situación das persoas que peor o están pasando.
Deixámosvos un par de fotos da carreira :) Pero podedes ver máis no noso Facebook! Moitas grazas a todos!

No hay comentarios:
Publicar un comentario