Pois temos unha boa nova tanto para os que estivestedes como para os que non: o sábado 5 de febreiro tedes outra oportunidade de ver aos cómicos galegos! esta vez, xúntanse por outra causa solidaria: a seguridade alimentaria dos pequenos campesinos e campesinas de Tanzania, onde Intermón Oxfam desenvolve proxectos que impulsan a capacidade produtiva das familias.
Danny Boy-Rivera, David Amor, Gari, Isabel Risco, Marta Lado, Oswaldo Digón e Rober Bodegas, presentados por Belén Regueira, serán os cómicos que nos fagan disfrutar doutra noite única, na que a risa e o bo humor serán os protagonistas. E outro personaxe que coñecedes tamén subirá ao escenario: o propio Robin Hood, que pedirá a colaboración de todos vos para a campaña de movilización social "Que non paguen os de sempre".
Cando cheguedes ao pazo da Ópera, ademais, poderedes ver a exposición fotográfica sobre o proxecto de Tanzania e, por suposto, poderedes adquirir productos de Comercio Xusto no noso stand.
Non vos quededes sin a vosa entrada!
Data e hora:sábado, 5 de febreiro, ás 19:30 h.
Lugar: pazo da Ópera. A Coruña
Entradas en: Quiosco da Pr. de Ourense
902 504 500
Día da gala, en taquilla
10 euros
No hay comentarios:
Publicar un comentario