miércoles, 23 de noviembre de 2011

Un plan canino-solidario para este sábado

Ola a todos! Levamos algunhas semanas un pouco inactivos no blog, pero xa estamos de volta con novas actividades! A primeira terá lugar este sábado, sin ir máis lonxe :) No polideportivo do colexio Calvo Sotelo, ás 16:30 horas, Borja Capponi, educador de cans do programa Malas Pulgas, ofrecerá unha charla-actuación, e parte da recadación será para nós! Ou mellor dito, será dedicada á emerxencia do corno de África.
Así que si che resulta interesante o mundo canino e non tes ningún plan para este sábado 26, xa sabes! Achégate e, ademais de divertirte, estarás colaborando cos que máis o precisan.
Alí nos vemos!











Charla-actuación de Borja Capponi
Lugar: pavillón do colexio Calvo Sotelo (rúa Archer Milton Huntington, 24. A Coruña)
Data e hora: sábado 26 de novembro, de 16:30 a 19:30 horas
Entrada: 15 euros