jueves, 30 de diciembre de 2010

Para que non paguen os de sempre... corre!

Como xa sabedes, mañá día 31 de decembro terá lugar a San Silvestre da Coruña, e finalmente a organización colabora con nós para que os corredores que o desexedes poidades mostrar o voso apoio á nosa campaña Robin Hood! :)

Na carreira veredes un stand noso, e alí será onde poidades recoller o gorro de Robin Hood. Si recolledes tamén o dorsal, previamente, darásevos máis información sobre esta campaña que propón a creación dunha taxa internacional sobre transaccións financeiras.

Noutras cidades, Robin Hood xa estivo presente nas carreiras. A idea é que contribuamos a crear esta voz universal para que os políticos nos metan nas súas axendas.

 
Animádevos! e acompañádenos correndo co gorriño de Robin Hood. Para que non paguen os de sempre!

Data: venres, 31 de decembro de 2010.
Hora: 17:00 h.
Lugar: saída da Praza de María Pita, A Coruña.
Distancia: 7.700 m aproximadamente.
Organiza: Clube Deportivo Rialto Coruña e Concello da Coruña.

lunes, 20 de diciembre de 2010

San Silvestre na Coruña... anímaste?

Si che gusta o deporte e eres amante das San Silvestre, hai algo que che interesa saber :) Na carreira que se celebrará en Coruña o día 31 de decembro, poderás correr co gorriño de Robin Hood e un contradorsal, e así axudarasnos a difundir a campaña "Que non paguen os de sempre". Anímate e ponte en contacto con nós no teléfono 981 213 363 si estás interesad@!

Día Internacional do Voluntariado

O pasado sábado día 11 de decembro, celebramos nos xardíns de Méndez Núñez o Día do Voluntariado. Dende as 12 da mañá ata as 8 da tarde, quen se achegou alí puido disfrutar das actividades que tiñamos preparadas para conmemorar esa data tan especial.

O evento estivo organizado pola Plataforma Coruñesa do Voluntariado, e nel actuou a banda municipal, ademais do grupo de cantareiras Donaire e o grupo senegalés Galu Teranga. Ademais, houbo degustación de chocolate e doutros produtos de Comercio Xusto, contacontos, concurso de debuxo e caracterización infantil.

Como xa sabedes, aqueles que teñades interese en colaborar como voluntarios só tedes que poñervos en contacto con nós no teléfono 981 213 363 ou envíanos un e-mail a coruna@intermonoxfam.org. Tamén podes consultar as ofertas para Galicia, Asturias e León.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

Imagina que, mientras cenas con tus amig@s, previenes la malaria en Sudán :)

¿A que no sabías que mientras estás de cena navideña con tus amig@s, celebrando una reunión familiar, o  organizando una fiesta de fin de año, puedes al mismo tiempo prevenir la malaria en Sudán, dotar de material escolar a niñ@s de Mozambique o rehabilitar el punto de agua potable que abastecerá a 400 refugiados en Chad?

Interesante... ¿verdad? :) Lo único que tienes que hacer es echar un ojo la iniciativa Imagina, Crea... Suma y hacer exactamente eso: imaginar tu iniciativa solidaria, crearla, y sumarte a todos los que ya están organizando la suya para estas fechas en las que reuniones, fiestas, comidas y cenas se convierten casi en una rutina.

Lo único que tienes que hacer es organizar tu fiesta, cena o cualquier otra cosa (puedes coger ideas de nuestras Propuestas de la A a la Z, o de algunas ya realizadas, ya verás como hay algo que se adapte a tus planes navideños) y enviar un email contándonos tu idea a info@IntermonOxfam.org. Te ofreceremos consejos y herramientas para difundirla si es necesario, y te diremos cómo ingresar el dinero que consigas.

Y ahora viene lo divertido: ¿cómo conseguirás ese dinero? Puedes subastar entre los invitados adornos que no quepan en tu salón, venderles pastelitos que hayas hecho esa misma tarde, cobrar una entrada simbólica, o pasar "la hucha", ¡hay mil maneras! Te animas, ¿verdad?  Pues échale un ojo a la Guía de la iniciativa... ¡y ya nos contarás! :)