O pasado sábado día 11 de decembro, celebramos nos xardíns de Méndez Núñez o Día do Voluntariado. Dende as 12 da mañá ata as 8 da tarde, quen se achegou alí puido disfrutar das actividades que tiñamos preparadas para conmemorar esa data tan especial.
O evento estivo organizado pola Plataforma Coruñesa do Voluntariado, e nel actuou a banda municipal, ademais do grupo de cantareiras Donaire e o grupo senegalés Galu Teranga. Ademais, houbo degustación de chocolate e doutros produtos de Comercio Xusto, contacontos, concurso de debuxo e caracterización infantil.
Como xa sabedes, aqueles que teñades interese en colaborar como voluntarios só tedes que poñervos en contacto con nós no teléfono 981 213 363 ou envíanos un e-mail a coruna@intermonoxfam.org. Tamén podes consultar as ofertas para Galicia, Asturias e León.
No hay comentarios:
Publicar un comentario