jueves, 26 de mayo de 2011

O Sur de Sudán enfróntase ao ano máis violento desde o final da guerra civil en 2005

Intermón Oxfam instou ao Consello de Seguridade de Nacións Unida a que garanta a protección dos civís. Miles de persoas fuxiron dos combates na rexión de Abyei nos últimos días e o Consello debe garantir que o novo mandato para a misión de mantemento da paz no sur de Sudán - actualmente a debate- teña como prioridade a protección. No pasado, tiveron dificultades para cumprir a súa función.

Máis de 1.400 persoas morreron no sur de Sudán no que vai do ano, máis que en todo 2010, e 117.000 fuxiron dos seus fogares como resultado da violencia crecente dos últimos meses. A violencia entre comunidades que se dá ano tras ano -a miúdo é provocada pola loita por recursos como gando, terras e auga- obrigou a decenas de miles de persoas a deixar os seus fogares. Ademais, os civís tamén se viron atrapados nos enfrontamentos entre grupos rebeldes e o exército do sur de Sudán, particularmente nos estados de Unity e Jonglei.

A só seis semanas do nacemento do novo país, a situación é moi complicada en termos de seguridade. A protección dos civís será un dos retos máis grandes e crucial do novo estado e Nacións Unidas ten un papel vital que desempeñar, pois a misión de paz da ONU en ocasións non puido protexer da violencia ás persoas no sur de Sudán. O Consello de Seguridade de Nacións Unidas ten agora a oportunidade de asegurar ese dereito da poboación civil.

Unha misión de paz da ONU non pode ser nunca unha solución a longo prazo, e en última instancia, o goberno de sur de Sudán é responsable de protexer aos seus propios cidadáns. A situación require que as Nacións Unidas apoien ao novo estado e tamén proporcionen protección aos civís se o Goberno é incapaz de facelo. Deben facer patrullas máis longas e de maior alcance, así como estreitar a relación e as consultas coas comunidades en risco en cuestións relacionadas coas violacións dos dereitos humanos e en áreas que poidan verse afectadas polo conflito.

A inseguridade limitou o acceso das axencias de axuda humanitaria, mentres que as familias desprazadas pola violencia perderon as súas casas, os ingresos e o acceso aos servizos sociais básicos. Doutra banda, os ataques do LRA (Exército de Resistencia do Señor) tiveron un impacto devastador sobre a produción agrícola nalgunhas das zonas máis fértiles do sur de Sudán, xa que os agricultores deixaron de ir aos seus campos por medo a posibles ataques. 40.000 persoas foron desprazadas o ano pasado debido ao LRA.


Se queres facer un donativo para esta urxencia pode facelo a través de http://www.intermonoxfam.org/, chamando ao 902 330 331 e nas seguintes contas bancarias:


BBVA 0182-6035-49-0201505818
BSCH 0049-1806-94-2912028985
Caixa Catalunya 2013-0500-14-0213837947
Caixa Madrid 2038-8978-13-6000233625
Caixa Murcia 2043-0105-40-0200516677
CAN 2054-0300-51-9157609596
A Caixa 2100-0765-86-0200201027
Triodos Bank 1491-0001-23-0010006164

No hay comentarios:

Publicar un comentario