Hola a todos! con esta nueva entrada solamente queremos informaros de que, además de nuestro perfil en Facebook que ya conocéis, nos hemos creado una página y hemos abierto una cuenta en Twitter (¡hay que estar en todas partes!): @IOenCoruna .
En estas plataformas os iremos informando de las cosas que hacemos y de lo que podéis hacer vosotros :)
Y, ya que estamos, os recordamos que aún podéis comprar vuestras entradas para el festival Cultura Quente, tanto en la web culturaquente.com como en ticketmaster.
jueves, 21 de julio de 2011
lunes, 18 de julio de 2011
Ven ao Cultura Quente o 22 e o 23 de xullo
A cita do Cultura Quente será na carballeira de Caldas de Reis os días 22 e 23 de xullo, onde actuarán Klaxons, The Undertones, Standstill, Xamaica, FM Belfast, Eladio e os seres queridos, A randeeira asasina e Caino & Zinquin (o venres) así como OK Go, The Jim Jones Revue, David Fonseca, Delorean, Micah P Hinson & The Pioner Saboteurs (The Pixies), Os Salvaxes, Do Amor, Yani Como e EME DJ (o sábado).
A entrada para un día custará 15 euros e 25 euros polos dous. Xa están á venda na web do festival culturaquente.com e en ticketmaster. Ademais podedes participar no facebook dos organizadores e no facebook de Intermón A Coruña onde imos sortear cinco abonos para os dous días.
No festival, teremos presenza no escenario principal e nunha das casetas para achegar ao público diversas propostas e actividades, xogos, talleres e productos de Comercio Xusto. Ademais, invitámosvos a apoiar esta campaña a través da recollida de firmas para a aplicación da taxa Robin Hood. A campaña “Obxectivo Robin Hood: que non paguen os de sempre” (www.quenopaguenlosdesiempre.org), tamén estará presente para pedir firmas coas que gravar as transaccións financeiras especulativas cunha taxa do 0,05% que permita recadar máis de 300.000 millóns de euros anuais a escala mundial para combater a pobreza e os efectos do cambio climático e poñer coto á evasión de capitais a paraísos fiscais.
viernes, 8 de julio de 2011
12 millóns de persoas afectadas pola falta de choivas en Somalia, Kenia e Etiopia
As malas políticas levaron ao Corno de África á crise alimentaria máis grave do século XXI. A escaseza de auga e alimentos elevaron alarmantemente as taxas de malnutrición e provocaron a morte de máis de 500 somalíes por enfermidades como a diarrea.
Pola escaseza de auga e alimentos, as familias que dependen do gando para a súa supervivencia, chegaron a perder ata o 60% mentres o seu prezo baixou á metade. A próxima colleita teme recolectar tan só a metade da produción mentres se dispara o prezo dos alimentos básicos como o arroz e o millo.
As taxas de malnutrición superan o 15% dunha urxencia humanitaria na rexión de Turkana; en Kenya, a malnutrición afecta máis do 37% da poboación. Os refuxiados e desprazados que abandonan as súas aldeas aumentan: ao nordés de Kenia, o campo de Dadaab vese desbordado pola chegada 9.000 somalíes cada semana, cando a afluencia non superaba as 8.000 persoas ao mes. O campo alberga unhas 360.000 persoas, 4 veces máis da súa capacidade recomendada, de maneira que os novos desprazados deben regresar ou ben quedar no exterior, sen o acceso adecuado ao auga ou asistencia sanitaria e saneamento.
En Kenia, Intermón Oxfam ten como obxectivo proveer a 1,3 millóns de persoas con auga potable e asistencia para o gando. En Somalia, preto de 750.000 habitantes veranse beneficiados polos traballos de saneamento, promoción da hixiene e tratamentos para os animais, mentres que un millón de persoas en Etiopía, recibirán auga potable, saneamento básico e asistencia veterinaria. Recadamos fondos para asistir a persoas en extrema necesidade, comprar alimentos nas cantidades requiridas e o combustible necesario para transportar os alimentos ao epicentro da rexión.
Fai un donativo on-line.
Chama ao 902 330 331.
Fai un ingreso na nosa sede.
Fai un ingreso na nosa tenda.
Fai un ingreso nunha entidade bancaria:
BBVA 0182-6035-46-0201506422 ES81
BSCH 0049-1806-92-2012020321 ES86
Caixa Catalunya 2013-0500-12-0213849895 ES09
Caixa Madrid 2038-8978-10-6000172112 ES39
CAN 2054-0300-50-9156809805 ES02
A Caixa 2100-0765-83-0200213395 ES92
* Se envías por correo o duplicado da folla do ingreso bancario cos teus datos persoais, incluído o NIF, poderemos emitir o certificado fiscal. Se dispomos desta información, recorda que poderás desgravar o 25% desta achega na túa declaración de renda ou o 35% no caso de donativos de empresas.
viernes, 24 de junio de 2011
O San Xoan solidario recada 8.000 euros para Tanzania
Enchemos o Campo de Marte; eramos máis de 45 voluntarios pero a xente que veu moita máis: 2.500 persoas!!! Grazas a todos por axudarnos e compartir esta pasada noite connosco. A Sardiñada Solidaria repartiu toda a cervexa, as sardiñas e a empanada e a xente desbordounos favorablemente: case 500 quilos de sardiñas xigantes e 120 racións de empanada enormes. No noso facebook podedes ver máis fotos.
Recadamos 8.000 euros que nos permiten asegurar a alimentación e as capacidades produtivas e asociativas da poboación de Tanzania. Así poderán dispor de alimentos todo o ano e xerar ingresos de forma estable tal coma vistes nas pantallas xigantes. Grazas aos asistentes e grazas ás organizacións e empresas que participación: Concello da Coruña, Nova Caixa Galicia, Boketé, Super Bock, Gadisa, Frigoríficos de Ribeira, Mi Bicho, Martipán, Superpapelería, Valsay así como o bo facer dos parrilleiros.
Todos vós facédelo posible.
domingo, 19 de junio de 2011
O día de San Xoán, sardiñada de Intermón Oxfam
Intermón Oxfam volve a organizar a Sardiñada de San Xoán no Campo de Marte este xoves 23 para gozar dunha tarde-noite solidaria por terceiro ano consecutivo. Voluntarios e voluntarias de Intermón Oxfam encherán o Campo de Marte xunto aos Parrilleiros, dende as 20 horas repartindo comida e a bebida e informando acerca da problemática de Tanzania para achegar un momento de reflexión.
Polo prezo de 5 euros, degustaranse sardiñas, pan e bebida ou, por 3 euros, empanada e bebida. Nesta festa usaremos pratos, vasos e bolsas reciclables que promoven o consumo responsábel e non xeran residuos contaminantes. Ademais, con cada ración, entregamos unha papeleta para unha rifa solidaria na que, entre outros premios, poderase gañar unha noite gratis na Casa de Turismo Rural A Laxe.
Ubicación:
La Coruña, España
sábado, 11 de junio de 2011
O Festival Actúa premia aos seus vencedores
“La broma infinita” de David Muñoz ,“(En)terrados” de Álex Lora e “El Acuario” de Carlos Bouvier foron galardoados cos premios ao Mellor Curto Documental , Mellor Curto de Ficción e Premio do Público, respectivamente, no VI Festival Internacional de Curtos Actúa, organizado por Intermón Oxfam.
A actual crise económica que está sumindo na pobreza a millóns de persoas tanto aquí como no resto do mundo, foi o fío condutor desta edición, que levou por título “Crise: vítimas e culpables”. Nesta edición os curtos exhibidos souberon mostrar de xeito maxistral outros ángulos desta crise, apelando, co gran potencial que ten o cine, á reflexión construtiva e á procura de solucións. O xurado, composto nesta edición polo produtor Pedro Uriol, o director de cine Chema da Pena e a actriz e guionista María Reyes Arias, quixo recoñecer o xeito excepcional coa que mostrou David Muñoz a frustración e o desconcerto ante a crise que padecen millóns de persoas en todo o planeta.
Do mesma xeito, distinguiuse o traballo de Álex Lora “polo seu compromiso e por reflectir unha problemática actual con contundencia e con sensibilidade”. O xurado, ademais, quixo facer unha mención especial ao curto documental Odysseus' Gambit, tamén de Álex Lora, por “ir máis aló das orixes de cada drama persoal. A historia é unha denuncia do actual sistema que non protexe aos máis vulnerables, e é un canto, brillante e emotivo á solidariedade dos cidadáns anónimos”. O festival seguiu fiel ao seu obxectivo de promover a reflexión entre os espectadores e as espectadoras e de facer unha chamada á mobilización. Por este motivo, como en anteriores edicións, concedeuse o Premio do Público, que recaeu no traballo de Carlos Bouvier, froito das votacións dos e as asistentes ás distintas proxeccións e do voto online, que se puido realizar desde calquera parte do mundo a través da web do festival www.intermonoxfam.org/cortosactua. Estes tres realizadores, que recibiron os galardóns da man dos actores e as actrices, Carlos Olalla, Amparo Climent, Carles Francino e Carmen Mangue, únense aos máis de 134, de 14 países, que quixeron facer chegar ao certame a súa particular visión da crise económica. Nesta edición seleccionáronse 10 cintas finalistas -seis de ficción e catro documentais-, que se proxectaron en salas da Coruña, Barcelona, Bilbao, Guadalaxara, Las Palmas de Gran Canaria, Logroño, Pamplona, Sevilla, Toledo, Valencia, Zaragoza e Madrid, desde o 31 de maio ata o 9 de xuño.
Como nas edicións anteriores, Canon patrocinou o certame e achegou os premios aos gañadores. Esta sexta edición contou, ademais, co financiamento da Unión Europea. Unha solución de financiamento ao desenvolvemento: unha taxa xusta e enlaza coa campaña “Obxectivo Robin Hood: que non paguen os de sempre” (www.quenopaguenlosdesiempre.org), que insta á cidadanía e ao Goberno a porse ao lado das vítimas e non dos culpables.
lunes, 6 de junio de 2011
Mira a realidade económica e ACTÚA este 8 e 9 de xuño
Os días 8 e 9 de xuño proxéctanse de balde os 10 curtos finalistas da sexta edición do Festival Actúa na Sala de Prensa da Fundación Caixa Galicia (Cantón grande 21-24). O fío conductor é a actual crise económica que está sumindo na pobreza a millóns de persoas tanto en España como no resto do mundo. "Crise: vítimas e culpables” reúne a realizadores de 14 países e 137 curtos, dos cales seleccionáronse 10 traballos finalistas (seis de ficción e catro documentais)que se proxectan por toda España ata 10 de xuño (Barcelona, Bilbao, Guadalaxara, Las Palmas de Gran Canaria, Madrid, Sevilla, Toledo, Valencia e Zaragoza). Seguirase concedendo o Premio do Público, resultado das votacións dos asistentes ás proxeccións e do voto online, que se poderá realizar desde calquera parte do mundo a través da web do festival www.intermonoxfam.org/cortosactua amais de ver o programa deste mércores e xoves.
Os espectadores e espectadoras tamén poderán ACTUAR asinando en apoio á Taxa Robin Hood para que non paguen os de sempre, eses máis de 1.000 millóns de persoas que están sumidos na pobreza tanto aquí como no resto do mundo. A resposta máis intelixente á crise é a protección dos que máis a están sufrindo.e por iso se insta á cidadanía e ao Goberno a porse ao lado das vítimas e non dos culpables (www.quenopaguenlosdesiempre.org).
Hai que recordar que en só nuns meses, os países máis ricos destinaron 18 billóns de dólares en salvar aos seus bancos, cifra 120 veces maior que a que os países deberían achegar anualmente para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Tendo en conta que o 80% das transaccións financeiras internacionais son esencialmente especulativas, desde Intermón Oxfam pídese a implantación dun imposto a este tipo de transaccións de tan só un 0,05%, o que permitiría recadar máis de 300.000 millóns de euros anuais.
Facebook de entidades e amigos da Taxa Robin Hood: www.facebook.com/tasarobinhood.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





