lunes, 18 de julio de 2011

Ven ao Cultura Quente o 22 e o 23 de xullo

A cita do Cultura Quente será na carballeira de Caldas de Reis os días 22 e 23 de xullo, onde actuarán Klaxons, The Undertones, Standstill, Xamaica, FM Belfast, Eladio e os seres queridos, A randeeira asasina e Caino & Zinquin (o venres) así como OK Go, The Jim Jones Revue, David Fonseca, Delorean, Micah P Hinson & The Pioner Saboteurs (The Pixies), Os Salvaxes, Do Amor, Yani Como e EME DJ (o sábado).

A entrada para un día custará 15 euros e 25 euros polos dous. Xa están á venda na web do festival culturaquente.com e en ticketmaster. Ademais podedes participar no facebook dos organizadores e no facebook de Intermón A Coruña onde imos sortear cinco abonos para os dous días.

No festival, teremos presenza no escenario principal e nunha das casetas para achegar ao público diversas propostas e actividades, xogos, talleres e productos de Comercio Xusto. Ademais, invitámosvos a apoiar esta campaña a través da recollida de firmas para a aplicación da taxa Robin Hood. A campaña “Obxectivo Robin Hood: que non paguen os de sempre” (www.quenopaguenlosdesiempre.org), tamén estará presente para pedir firmas coas que gravar as transaccións financeiras especulativas cunha taxa do 0,05% que permita recadar máis de 300.000 millóns de euros anuais a escala mundial para combater a pobreza e os efectos do cambio climático e poñer coto á evasión de capitais a paraísos fiscais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario