Intermón Oxfam volve a organizar a Sardiñada de San Xoán no Campo de Marte este xoves 23 para gozar dunha tarde-noite solidaria por terceiro ano consecutivo. Voluntarios e voluntarias de Intermón Oxfam encherán o Campo de Marte xunto aos Parrilleiros, dende as 20 horas repartindo comida e a bebida e informando acerca da problemática de Tanzania para achegar un momento de reflexión.
Polo prezo de 5 euros, degustaranse sardiñas, pan e bebida ou, por 3 euros, empanada e bebida. Nesta festa usaremos pratos, vasos e bolsas reciclables que promoven o consumo responsábel e non xeran residuos contaminantes. Ademais, con cada ración, entregamos unha papeleta para unha rifa solidaria na que, entre outros premios, poderase gañar unha noite gratis na Casa de Turismo Rural A Laxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario