jueves, 13 de octubre de 2011

Comercio Xusto: estivemos en Palexco

Seguramente non fai falla comentárvolo por esta vía, porque seguramente estivéstedes na feira Outlet en Palexco desta pasada finde... pero por si acaso, comentámosvos que alí estivemos vendendo os nosos produtos de Comercio Xusto. 
Xa sabedes que, ademais de colaborar engadindo este tipo de produtos á vosa cesta da compra, tamén podedes colaborar con Intermón Oxfam facéndovos voluntarios e axudando a organizar este tipo de actos e outros (como un que estamos preparando para mañá venres e que vos contaremos... en breve!), e a levalos a cabo, co noso equipo da Coruña.
Para unirvos, unicamente debedes seguir os pasos que vos indicamos na lapela "Únete a IO na Coruña". Estamos agardando por ti! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario