jueves, 8 de septiembre de 2011

Hoxe é día 8? Pois feliz Día do Cooperante!

Pois si! hoxe tamén temos algo que celebrar... ou mellor dito, alguén de quen acordarnos e a quen mandarlle un abrazo: a todos aqueles cooperantes tanto de IO como de outras organizacións, que día tras día aportan o seu traballo para que este mundo sexa mellor.
Hai que dicir que os proxectos de IO contribúen ao desenvolvemento e promoción dos beneficiarios a medio e longo prazo. Como explica neste testimonio Cinta Pluma, responsable de comunicación de IO en Chad, "de pouco serviría que fóramos capaces de montar pozos si os nosos beneficiarios non souberan o seu funcionamento, ou como evitar enfermedades, si non fóramos quen de transferir coñecementos. Traballamos codo a codo cos nosos beneficiarios para que, no momento no que Intermón Oxfam non poida estar presente, as insfraestruturas e os proxectos poidan continuar funcionando de forma autónoma".
Por isto, subliñamos que o verdadeiro protagonismo é das comunidades e da sociedade civil chadiana, actores do seu propio desenvolvemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario