viernes, 18 de marzo de 2011

Encontro internacional de mulleres... queres vir?

Os vindeiros venres 25 e sábado 26 de marzo terá lugar en Lalín o Encontro Internacional de Mulleres "As mulleres alimental o mundo". As xornadas son moi interesantes: buscan a sensibilización da sociedade galega en canto a comercio xusto e consumo responsable, igualdade de xénero e soberanía alimentaria.

Nas xornadas, contaremos coa presenza de tres mulleres produtoras do Sur: Eva de Aldea Global, en Nicaragua, Eranga de Bio Foods en Sri Lanka e Armanda, de Cabo Verde, así como de outros participantes en mesas redondas e obradoiros. 

O encontro está organizado por A Cova da Terra en consorcio con Amigos da Terra, Intermón Oxfam, Panxea e Taller de Solidariedade, coa colaboración de Axuda en Acción e Solidariedade Internacional de Galicia. 

Queres participar? :) Sí é asi, envía un email a tmendi@intermonoxfam.org e solicita o formulario de inscrición! Aquí vos queda o tríptico, animádevos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario