martes, 29 de marzo de 2011

6 de abril: concerto solidario por Tanzania!

A Banda Xuvenil, o Coro Xuvenil e a Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música da Coruña ofrecerán un concerto o vindeiro mércores 6 de abril, ás 19:30 horas no teatro Rosalía de Castro. O importe das entradas, que é de 5 euros, será dedicado á loita contra a fame que Intermón Oxfam está desenvolvendo en Tanzania :)

Podes comprar a túa entrada en Servinova, no 902 504 500, na taquilla da praza de Ourense ou na nosa tenda da rúa Estrecha de San Andrés, 12. Si prefires esperar ao último momento, tamén podes retiralas no propio teatro ese día... iso si, non podes faltar!

Agardámoste!



Data e hora: mércores 6 de abril, ás 19:30 horas
Lugar: teatro Rosalía de Castro
Entrada: 5 euros

No hay comentarios:

Publicar un comentario