Ola a todos! Neste tempo que levamos
sin publicar, estivemos ocupadísimos :) Hai xusto un mes estabamos
no concerto de Coldplay en Porto, onde explicamos aos asistentes en
que consiste a nosa campaña CRECE.
Ademais, estivemos preparando a actividade que celebramos dende hai 4 anos por estas datas: a Sardiñada Solidaria de San Xoán, que celebraremos o día 23 no Campo de Marte e á que estades todos convidados.
Ademais, estivemos preparando a actividade que celebramos dende hai 4 anos por estas datas: a Sardiñada Solidaria de San Xoán, que celebraremos o día 23 no Campo de Marte e á que estades todos convidados.
Nesta ocasión, os fondos recadados
destinaranse á emerxencia no Sahel (África Occidental-Central),
onde máis de 15 millóns de persoas, entre elas máis dun millón de
nenos e nenas, están en risco de sufrir unha grave crisis
alimentaria. Alí, dáse unha combinación de factores que resulta
letal para a poboación, entre os que están os conflitos rexionais,
os altísimos prezos dos alimentos, a sequía, a pobreza arraigada e
a ausencia de investimento en infraestruturas e servizos sociais.
Dende Oxfam, faise un chamamento de
emerxencia para axudar a aos habitantes das poboacións máis
vulnerables do Sahel. Si non actuamos de xeito rápido,
irremisiblemente atoparemonos cunha catástrofe humanitaria.
En Oxfam, traballamos na rexión do
Sahel dende hai décadas co obxectivo de buscar solucións sostibles
para abordar as profundas causas das crises. O que facemos alí é
apoiar ás comunidades para que sexan capaces de facer fronte á
vulnerabilidade crónica da zona, a través de programas de
prevención e desenvolvemento. No contexto actual, o obxectivo é
subministrar servizos básicos como auga, saneamento e hixiene e
comida a un total de 1,2 millóns de persoas.
Foto dunha das Sardiñadas Solidarias de IO |
Ven o sábado ás 8 da tarde ao Campo de Marte e participa con nós na Sardiñada Solidaria. Alí daremos a coñecer esta situación na que viven millóns de persoas, e informaremos ao público das actuacións que desenvolvemos nós para intentar reducir o periodo de escaseza de comida no lugar.
Os fondos, como vos contamos, serán destinados a seguir apoiando os proxectos que impulsamos na zona. O ano pasado fomos 2.500, este ano temos que superarnos! E para iso contamos contigo e cos teus amigos :)
Alí nos vemos!
LUGAR: Campo de Marte, A Coruña
HORA: 20:00 horas
PREZOS: Empanada e bebida a 3 euros, ración de sardiñas, pan e bebida a 5 euros.
DESTINO DA RECADACIÓN: a emerxencia no Sahel.
LUGAR: Campo de Marte, A Coruña
HORA: 20:00 horas
PREZOS: Empanada e bebida a 3 euros, ración de sardiñas, pan e bebida a 5 euros.
DESTINO DA RECADACIÓN: a emerxencia no Sahel.